Nunha época de grave crise económica na que todos os españois temos
que apretarnos o cinturón e renunciar a moitas cousas. Nun momento no
que máis de 5 millóns de españois queren traballar e non poden. No que 1
de cada 2 mozos non poden acceder ó seu primeiro posto de traballo no
mercado laboral, con unha xeración pérdida, os xóvenes mellor formados
de tódolos tempos vense obrigados a buscar unha saída laboral fóra das
nosas fronteiras. Con comunidades autónomas nas que se ven obrigadas a
cobrar as recetas de medicamentos e moitas outras que teñen dificultades
para facer fronte ós pagos de acreedores. Con un país no que os
funcionarios públicos levan anos có soldo conxelado, logo dunha
reducción salarial dun 5% durante o goberno de ZP. Cuns pensionistas que
perderon poder adquisitivo durante os últimos anos de goberno
socialista. Un país onde o deficit público debe ser reducido en máis de
40000 millóns de € nun ano. Esta é a terrible situación na que se atopa
España logo da lamentable xestión que viviu durante os últimos anos de
goberno socialista.
Pois ben, nesta situación que acaba de ser exposta a maior necesidade
do goberno de Becerreá incrementar a adicación exclusiva de Don Claudio
Vázquez Pérez, Vicealcalde Primeiro, Concelleiro de Cultura, Turismo,
Deporte e Portavoz do Concello de Becerreá que se incrementa nun 20%
pasando de 1500€ a 1800€ o mes. Un incremento dificilmente asumible para
as arcas dun concello como o de Becerreá. Un Concello no que se
producen 3 bautizos por cada 35 enterros, un concello no que a media de
idade supera os 60 anos, un concello no que non está asegurado o relevo
xeracional, en definitiva un concello que a día de hoxe non ten futuro.
Pero a pesares de todo isto o vicealcalde terá a partir de agora un
soldo có que moi poucos becerrenses poderán contar, e o peor de todo un
soldo que procede do esforzo de tódolos veciños de Becerreá, algo cando
menos pouco decente nos tempos que corren.
Isto
non sería posible sen o beneplácito do único concelleiro do BNG Don
Ovidio Montaña Regueiro, que faltando a súa proposta do pleno de
constitución desta lexislatura decidiu absterse facilitando que se leve a
cabo está aberración ós veciños de Becerreá. Moito cambiaron as cousas
en seis meses xa que en xuño o señor Montaña dicía “cando se aproben os
presupostos de 2012 haberá que baixarlle o soldo a Claudio dada a
situación económica que estamos atravesando”. Seis meses despois
xustificou o inxustificable decindo “a situación xeral e peor que fai
medio ano, pero Claudio fai un gran traballo, e se o grupo de goberno
considera que merece un incremento salarial eu non vou ser un
obstaculo”. Pois ben os veciños de Becerreá deben saber que o señor
Montaña é cómplice de que Don Claudio a partir de agora lle salga aínda
máis caro que agora ós delicados bolsillos dos becerrenses.
Dende
Novas Xeracións de Becerreá consideramos un insulto para os
becerrenses o incremento de soldo deste señor. Preguntámonos cal é “o
gran traballo” que fai o Vicealcalde para merecer de repente este
incremento retributivo. Xa que nós a diferencia de eles pensamos que a
súa labor sería facilmente subsanada simplemente cunha planificación
acertada e cóa labor dos traballadores do Concello de Becerreá que a
diferencia de Don Claudio aportan máis e cobran bastante menos.
En
definitiva atopámonos ante un feito típico dos socialistas grandes
soldos por non facer nada e que o sufrido contribuinte teña que pagar
estes despilfarros. Con esta medida Becerreá será cada vez menos
Becerreá, pero pola contra, Don Claudio será cada vez máis Don Claudio.

