O Partido Popular de Becerreá e as Novas Xeracións de Becerreá denuncian que a construción dunha piscina descuberta non cubre as necesidades actuais da comarca e considera inapropiados e caros os terreos que o Concello adquiriu para a nova instalación.
En palabras do voceiro do Partido Popular de Becerreá (Antonio González Madarro) "Unha piscina ao aire libre tan só estará aberta dous meses o ano. Chega tarde para responder a unha demanda que xa está completamente satisfeita. Nestes momentos Becerreá debera aspirar a unha piscina climatizada, que dera servicio a toda a comarca dos Ancares. Hai que ter en conta que xa existe unha piscina pública en As Nogais, a tan só 8 kilómetros, e que no mesmo Becerreá xa existe unha piscina privada que abre o público en verán. E non hai que olvidar que tamén hai piscinas descubertas en Pedrafita (municipal) e en San Román (privada). Polo tanto considero que unha piscina descuberta é hoxe un gasto inadecuado".
Por outra banda, os terreos que o Concello adquiriu para a piscina son moi caros e inapropiados. Caros porque uns 230.000 € parecennos excesivos, e máis ainda cando o anterior goberno municipal xa tiña outros terreos destinados a piscina, os cales son moito máis idóneos que os actuais porque se atopan preto do pavillón municipal e máis cerca do casco urbán. E Inapropiados porque a piscina estase a construir moi cerca da depuradora, do parque empresarial e dunha liña de alta tensión. Ademáis de quedar ubicada nunha zoa pouco urbanizada, lonxe do centro da vila e sen aceras para o seu acceso.
Por último, as declaracións realizadas na prensa polo actual alcalde, Manuel Martínez a semana pasada, nas que daba os parabéns por ter acadada a financiación para a piscina, dende o Partido Popular queremos recordar que, sendo alcalde o popular Antonio Férnandez Pombo e con Cacharro na Deputación, tiñase consignados xa 990.000 € para este proxecto. O cal era un presuposto considerablemente superior aos 775.681 € actuais, que permitiria falar dunha piscina climatizada. Daquela o proxecto non se levou a cabo por quedar deserta a contratación.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada