lunes 16 de enero de 2012

Ata sémpre Don Manuel

Este domingo deixounos Don Manuel Fraga Iribarne no seu domicilio de Madrid ós 89 anos de idade. Don Manuel foi unha das personalidades máis ilustres dos últimos tempos en España, e sen dúbida a persoa máis ilustre que tivo Galicia no último siglo. Foi un servidor público inesquecible e inigualable durante toda a súa vida. Estivo para servir os seus veciños, e non para servirse a sí mesmo, algo que sen dúbida dí moito ó seu favor. En máis de 60 anos de vida pública ocupou cargos de máxima responsabilidade: Ministro de Información e Turismo, Embaixador Español en Londrés, Ministro da Gobernación, foi un dos pais da Constitución Española, fundador do Partido Popular, Deputado, Eurodiputado, Presidente da Xunta de Galicia durante case dezaseis anos e Senador por designación autonómica. Todo isto unido a súa gran formación académica e intelectual, algo que por desgracia abunda pouco na política dos últimos tempos.

Foi o Presidente da Xunta de Galicia durante máis de quince anos. Fóron sen dúbida os anos de maior avance e prosperidade de Galicia. Colleu unha Galicia case mediaval e deixou unha Galicia moderna e do século XXI. Neses anos potenciou o turismo a través do Camiño de Santiago semiesquecido ata que él chegou, tamén o turismo nas nosas costas e por suposto tamén o turismo no noso valioso interior a través do turismo rural. Tamén transformou as nosas comunicacións a través de autovías, mellora dos aeroportos, mellora e potenciación dos portos e deu os primeiros pasos para que a alta velocidade chegase a Galicia. Falando de comunicacións non podemos esquecer o seu compromiso cóas melloras no medio rural durante o seu goberno chegou o aglomerado a tódolos pobos por illados que estivesen, chegou o teléfono algo que antes parecía impensable e mellorou o servicio eléctrico en tódolos pobos con axudas as empresas suministradoras. No seu legado tamén queda a transformación do sector agrícola que a través das axudas deixou de ser de subsistencia para pasar a ser productivo, así como a modernización da actividade pesqueira. Neses prósperos dezaseis anos tamén nos deixou unha importante modernización do sector industrial ata aquela moi rudimentario. Tamén foi o primeiro presidente que se acordou dos galegos que na primeira metado do século pasado coma él tiveran que cruzar o Atlántico e irse lonxe da súa terra e creou e impulsou os centros galegos. Non chegarían as hora que ten o día para poñer o moito que fixo por Galicia. Foi en definitiva o que colocou a Galicia no mapa da prosperidade, foi o mellor presidente que puido ter Galicia durante case dezaseis anos. No ano 2009 recibiu a medalla de ouro de Galicia. Sen dúbida e de xusticia que a Xunta de Galicia declarase tres días de loito oficial polo pasamento da persoa máis ilustre que tivo Galicia.

Tampouco podemos esquecernos que foi o que cohesionou o centro-dereita español durante a transición e creou o Partido Popular. Sen Don Manuel Fraga non existiría como é o Partido Popular, nin as Novas Xeracións. As Novas Xeracións de Becerreá estamos moi orgullosos de formar parte do partido que él fundou e ó igual que o resto da gran familia do Partido Popular sentimos hoxe que nós falta algo. Faltanos en definitiva Don Manuel Fraga Iribarne. A partir de agora descasará para sémpre na localidade coruñesa de Perbes a carón da súa esposa Carmen Estevez.

 DON MANUEL FRAGA  IRIBARNE, DESCANSE EN PAZ



0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada