jueves 12 de enero de 2012

Os Ancares en La Vuelta 2012 gracias o apoio da Xunta de Galicia

O vindeiro sábado 1 de septembro celebrase unha etapa de La Vuelta a España que parte de Palas de Rei e que remata no Alto dos Ancares. Unha etapa intensa e na que se poden decidir moitas cousas do resultado final da competición. Ademais parte desta etapa transcorrerá polo termo municipal de Becerreá có que esto conleva de repercusión mediatica dentro e fóra das fronteiras de España para beneficio dos intereses de Becerreá.

Trátase por tanto dun acontecemento importante, pero como en calquera  acontecemento que sexa, é necesario saber gracias a quen se vai celebrar esta etapa ciclista tan importante para a provincia de Lugo, para a comarca dos Ancares e para o Concello de Becerreá. Pois ben esta etapa de La Vuelta 2012 vai ser posible gracias o esforzo institucional e financieiro de Turgalicia da Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Non é igual nas outras provincias galegas polas que pasa La Vuelta, xa que tanto na Coruña, como en Pontevedra financiarase con fondos das respectivas deputacións provinciais e dos concellos polos que transcorre o percorrido,algo que por outro lado é o lóxico.

Unha vez postos en contexto dende Novas Xeracións de Becerreá facemonos unha sinxela pregunta: ¿de que nos  vale a deputación socialnacionalista de Lugo e o concello socialista de Becerreá, se nin tan sequera resultan útiles para conseguir un acontecemento destas perspectivas?. Pois a resposta e moi sinxela nin os cidadáns da provincia de Lugo nin do Concello de Becerreá botarían un segundo en falta a labor dos gobernantes destas institucións que non aportan nada a favor dos intereses dos seus representados. Tamén dende aquí queremos agradecer o importante esforzo realizado pola Xunta de Galicia para que os cidadáns da provincia de Lugo poidamos disfrutar deste importante acontecemento deportivo.

Polo tanto e unha vez posto cada quen no posto que lle corresponde só queda que a etapa número 14 de La Vuelta a España que trasncorre entre Palas de Rei e o Alto dos Ancares sexa todo un éxito e axude o desenvolvemento turístico de toda a comarca dos Ancares da que tamén forma parte o noso Concello de Becerreá.


0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada