martes 24 de enero de 2012

Un soldo escandaloso para un Vicealcalde prescindible

    Nunha época de grave crise económica na que todos os españois temos que apretarnos o cinturón e renunciar a moitas cousas. Nun momento no que máis de 5 millóns de españois queren traballar e non poden. No que 1 de cada 2 mozos non poden acceder ó seu primeiro posto de traballo no mercado laboral, con unha xeración pérdida, os xóvenes mellor formados de tódolos tempos vense obrigados a buscar unha saída laboral fóra das nosas fronteiras. Con comunidades autónomas nas que se ven obrigadas a cobrar as recetas de medicamentos e moitas outras que teñen dificultades para facer fronte ós pagos de acreedores. Con un país no que os funcionarios públicos levan anos có soldo conxelado, logo dunha reducción salarial dun 5% durante o goberno de ZP. Cuns pensionistas que perderon poder adquisitivo durante os últimos anos de goberno socialista. Un país onde o deficit público debe ser reducido en máis de 40000 millóns de € nun ano. Esta é a terrible situación na que se atopa España logo da lamentable xestión que viviu durante os últimos anos de goberno socialista.

    Pois ben, nesta situación que acaba de ser exposta a maior necesidade do goberno de Becerreá incrementar a adicación exclusiva de Don Claudio Vázquez Pérez, Vicealcalde Primeiro, Concelleiro de Cultura, Turismo, Deporte e Portavoz do Concello de Becerreá que se incrementa nun 20% pasando de 1500€ a 1800€ o mes. Un incremento dificilmente asumible para as arcas dun concello como o de Becerreá. Un Concello no que se producen 3 bautizos por cada 35 enterros, un concello no que a media de idade supera os 60 anos, un concello no que non está asegurado o relevo xeracional, en definitiva un concello que a día de hoxe non ten futuro. Pero a pesares de todo isto o vicealcalde terá a partir de agora un soldo có que moi poucos becerrenses poderán contar, e o peor de todo un soldo que procede do esforzo de tódolos veciños de Becerreá, algo cando menos pouco decente nos tempos que corren.

Isto non sería posible sen o beneplácito do único concelleiro do BNG Don Ovidio Montaña Regueiro, que faltando a súa proposta do pleno de constitución desta lexislatura decidiu absterse facilitando que se leve a cabo está aberración ós veciños de Becerreá. Moito cambiaron as cousas en seis meses xa que en xuño o señor Montaña dicía “cando se aproben os presupostos de 2012 haberá que baixarlle o soldo a Claudio dada a situación económica que estamos atravesando”. Seis meses despois xustificou o inxustificable decindo  “a situación xeral e peor que fai medio ano, pero Claudio fai un gran traballo, e se o grupo de goberno considera que merece un incremento salarial eu non vou ser un obstaculo”. Pois ben os veciños de Becerreá deben saber que o señor Montaña é cómplice de que Don Claudio a partir de agora lle salga aínda máis caro que agora ós delicados bolsillos dos becerrenses.

Dende Novas  Xeracións de Becerreá consideramos un insulto para os becerrenses o incremento de soldo deste señor. Preguntámonos cal é “o gran traballo” que fai o Vicealcalde para merecer de repente este incremento retributivo. Xa que nós a diferencia de eles pensamos que a súa labor sería facilmente subsanada simplemente cunha planificación acertada e cóa labor dos traballadores do Concello de Becerreá que a diferencia de Don Claudio aportan máis e cobran bastante menos.

En definitiva atopámonos ante un feito típico dos socialistas grandes soldos por non facer nada e que o sufrido contribuinte teña que pagar estes despilfarros. Con esta medida Becerreá será cada vez menos Becerreá, pero pola contra, Don Claudio será cada vez máis Don Claudio.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada